Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 1º e 2°

Xogos tradicionais (a mariola)

Imaxe
Bo día, hoxe invítovos a lembrar un xogo ao que xa temos xogado no colexio, e ao que as vosas familias tamén terán xogado moitas veces, a mariola. Como veredes na imaxe que vos deixo, a forma da mariola pode ser variable, e non sempre se ten que empezar polo número 1, podedes comezar tirándolle ao número máis alto, por exemplo.  A actividade é sinxela, debuxade no chan, nun lugar onde non molestedes e onde vos deixen as vosas familias, unha das mariolas que tedes na imaxe, ou mellor ainda, creade a vosa propia mariola e podedes enviarma, se vos parece ben, ao meu correo michineslugo@gmail.com , non é obrigatorio. Unha aperta e a xogar!!!!!!

Traballo de equilibrio e coordinación

Imaxe
Bo día, hoxe propóñovos un traballo de equilibrio e coordinación. Primeiro debemos construir unha escaleira no chan con cinta de carroceiro ou cinta aislante. No vídeo xa vos indica a forma que ten que ter. Tamén pode ser que vos valgan as baldosas do chan da casa. Agardo que vos guste e o pasedes moi ben.

Traballo de resistencia e coordinación

Imaxe
Bo día, hoxe imos facer un pouco de traballo de resistencia e coordinación. Déixovos un vídeo para seguir os exercicios que nos marcan estes dous amigos, que nos van ir explicando en inglés a secuencia, e así tamén ides practicando algo. Un saúdo.

Pasos de baile tradicional para 1º e 2º

Imaxe
Boas chicas e chicos, con motivo da celebración do día das letras galegas, imos preparar uns pasiños de xota e muiñeira, dos que me teredes que enviar vídeo a michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas, pode ser de todos os pasos no mesmo vídeo ou cada paso nun vídeo, pero de corpo enteiro, que teño que ver que sodes vós os que bailades!!!!!!!!! É obrigatorio tanto facelos como envialos , xa que será a maneira de poder subir a nota que sacastes na 2ª avaliación. Antes de facer o envío, deberedes practicar para que vos saia o mellor posible. Con todos os arquivos que me mandedes  farei un vídeo conxunto para poder publicar nas redes e que todos vos vexades. Aínda que non sae no vídeo, lembrádevos de levantar os brazos ao bailar!!!! O último día para enviar é o venres día 15 de maio . Lembrade, tedes que practicar é cando vos saia ben, gravades e enviádesmos ao correo michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas. Moito ánim...

Ximnasia 2

Imaxe
Bo día, Hoxe imos facer traballo de pernas e abdominais. Faremos o número de repeticións que ven escrito debaixo de cada debuxo. Faremos series de 10 repeticións en cada exercicio, e os estiramentos de 10 a 20 segundos. Unha aperta grande.

Taboa de exercicios

Imaxe
Bo día, hoje faremos unha táboa de exercicios variados, traballando brazos, pernas e torso. Son 12 exercicios diferentes nos que faremos 15 repeticións en cada exercicio e descansaremos 2 minutos antes de pasar ao seguinte. Se tedes que facer os descansos máis longos non pasa nada. Agardo que vos guste, unha aperta!!!

O rei ou a raíña das pistas V

Imaxe
Venres 24 de abril Último día da semana dedicada ao baile, e polo tanto últimas coreografías. Pasade boa fin de semana!!!!

O rei ou a raíña das pistas IV

Imaxe
Xoves 23 de abril De novo, e como xa vos dicen o luns, dúas coreografías máis para aprender.

O rei ou a raíña das pistas III

Imaxe
Mércores 22 de abril Continuamos co baile, dúas novas coreografías. Hala, a bailar!

O rei ou a raíña da pista II

Imaxe
Martes 21 de abril Hoxe temos outras dúas coreografías de Just Dance. Xa sabes, practica e apréndeas!!!     A bailar!!!!!

O rei ou raíña da pista

Imaxe
Esta semana será para bailar. Cada día colgarei unha sesión con dúas coreografías de Just Dance, apréndeas e serás o reí ou a raíña das pistas de baile. Ánimo e a bailar!!!!!!! Luns 20 de abril Mañá dúas máis!!!!!!!!

A xogo da Oca da Educación Física

Hoxe como empeza a fin de semana temos outra versión, moito máis divertida, do tradicional xogo da Oca. Hai a posibilidade de xogar ata 5 xogadores (a ver se convencedes á familia...). O primeiro é escoller cada xogador a súa ficha, que són as pelotas que hai á vosa esquerda (tamén podedes xogar sós) e logo picar no dado, dependendo do número que vos saia, arrastrades a vosa ficha tantas casiñas como o número que vos saíu, e facedes o que vos pide nela. Logo tocaralle ao seguinte, e así continuamente ata que alguén chegue ata a última casiña e gañe o xogo. Se picades nas dúas frechas que hai abaixo á dereita, veredes o xogo a pantalla completa.  A XOGAR TODA A FAMILIA!!!!!!! 

Circuito das Cualidades Físicas Básicas para a cuarentena

Hoxe traballaremos as cualidades físicas básicas (resistencia, forza, velocidade e flexibilidade). Para iso faremos as estacións dun circuito caseiro (hai que ter coidado de non ter nada que poidamos estropear ou romper ao noso arredor). Pode ser que algunha das estacións non as podades facer, por falta de material ou por falta de espazo, así que facede soamente aquelas que poidades. Se facedes click sobre a pelota azul do medio sairanvos as instrucións e o tempo que tedes que estar en cada estación, logo se picades sobre o número da estación saevos o que facedes nela e algunha ademais ten un enlace con vídeo explicativo. Se facedes click sobre as dúas frechas de abaixo á dereita veredes o circuito en pantalla completa. A SUAR!!!!!!!

Mércores 1 de abril

Imaxe
Bos días de novo Hoxe teremos un quecemento con Spiderman #1- 20 saltos abrindo e pechando brazos e pernas #2- Andando coma un cangrexo 15 pasos #3- 12 saltos caendo con perna doblada e alternando cada vez con unha #4- 15 abdominais con pernas dobladas e subindo pouco #5- 15 planchas con mans casi xuntas. Se queres podes facelas apoiando os xeonllos. #6- 25 segundos correndo sen moverse do sitio. Agora un pouquiño de ZUMBA Para terminar, imaxina as seguintes situacións. Se queres facelo máis concentrado, puedes decirlle a alguén que che lea en voz alta mentres ti, cos ollos pechados, imaxinas canda menos 3 destas accións:
Imaxe
Bo día, esta semana malabares!!!!!!!! Imos facer malabares coma no circo, para iso tedes que ver o vídeo do compañeiro Juan, do CEIP Río Ebro. Alumnado de 1º e 2º Con unha pelota (se usades máis é que sodes moi PROS).  Alumnado de 3º e 4º con dúas pelotas  Alumnado de 5º e 6º Facer un exercicio do nivel 3 pelotas Ánimo! Imos continuar cos malabares e rétovos a ver cantos destes trucos sodes capaces de facer?  Para rematar, xa que estamos utilizando pelotas, podemos coller algunha un pouco máis dura que a que estabamos utilizando e dar unha masaxe a alguén da nosa familia e que despois el ou ela nolo dea a nós.  Remate impresionante!!!!!! Pasádeo o mellor posible vendo a este profesional.

Hoxe toca baile!!!!!

Imaxe
Eres quen de atopar a Wally? Como podes ver hoxe toca baile. Ben, agora terás que facer un quecemento que che sirva para bailar despois sen ter ningunha lesión e que ademais suba algo as túas pulsacións. IMOS BAILAR ENTÓN!!!!! Pero serán diferentes tipos de baile. Agardo que che gustasen os bailes. Agora deberemos facer uns estiramentos.

Exercicio Colaborativo

Imaxe
Que corredora vai en sentido contrario ás demais? Despois mira o vídeo para saber máis desta corredora. O plan de Maitane.  Cando termines o vídeo gustaríame que responderas a algunha pregunta.  É necesario esforzarse para conseguir os nosos obxectivos? Ser constante e non rendirse ten recompensa? P ara ser como Maitane, imos realizar accións motrices de cooperación para exercitar o noso corpo. É dicir, hai que axudarse entre 2 persoas. Animade á familia.   Ánimo. Imos agora coa volta á calma   Pasádeo ben!!!
Imaxe
Bo día, hoxe imos xogar á Oca, para iso necesitaremos un dado e tantas fichas como xogadores teñamos. Tamén poden xogar papá ou mamá... Agora vos ensino o taboleiro e o que hai que facer en cada unha das casiñas. Tiraremos o dado por turnos e faremos o que nos indica a imaxe, así ata chegar ao final, evidentemente o primeiro en chegar GAÑA!!!!!!! Tamén podedes ir realizando todas as probas dende a primeira ata a última casiña.   Agardo que vos guste e que o fagades máis dunha vez!!!!!!

Comezo da segunda semana

Imaxe
Bo día, xa que temos que seguir na casa, imos facer algo de fondo físico. Para empezar realizaremos o mesmo quecemento que o pasado mércores, mirade na entrada anterior. - Despois imos facer que corremos sen movernos do sitio, durante dous minutos. - Agora realizaremos 10 sentadiñas, é dicir, coas pernas abertas coma o ancho dos ombros, facemos que nos sentamos sen levantar os talóns dos pés. - Logo faremos levantamentos de xeonllos de maneira alterna como se corrésemos, durante 10 segundos e logo outros 10 segundos levando os talóns aos glúteos, tamén de maneira alterna. - Descansamos 1 minuto e bebemos un pouco de auga. - Agora abrimos e pechamos pernas e brazos durante 15 segundos.  - Desplazámonos a "catro patas" durante 20 segundos cara adiante e mirando para abaixo, e logo 20 segundos cara atrás e mirando cara arriba. - Agora deitados de lado facemos 10 aperturas de pernas cara arriba, coa perna dereita e logo coa esquerda. - Por último, ...