Xogos tradicionais (a mariola)

Bo día, hoxe invítovos a lembrar un xogo ao que xa temos xogado no colexio, e ao que as vosas familias tamén terán xogado moitas veces, a mariola. Como veredes na imaxe que vos deixo, a forma da mariola pode ser variable, e non sempre se ten que empezar polo número 1, podedes comezar tirándolle ao número máis alto, por exemplo. 
A actividade é sinxela, debuxade no chan, nun lugar onde non molestedes e onde vos deixen as vosas familias, unha das mariolas que tedes na imaxe, ou mellor ainda, creade a vosa propia mariola e podedes enviarma, se vos parece ben, ao meu correo michineslugo@gmail.com, non é obrigatorio.

Unha aperta e a xogar!!!!!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Celebración Letras Galegas 2020

Comezo da segunda semana