Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 15, 2020
Imaxe
Bo día, para hoxe mércores imos comezar cun quecemento muscular e mobilidade articular.  Faremos o mesmo quecemento que realizamos cando imos ao polideportivo: - Rotacións de nocellos cara a ambos lados. - Rotacións de xeonllos cara dentro e cara fóra. - Logo a cadeira (lembrade non doblar os xeonllos ao facer as rotacións de cadeira). - Agora doblamos o corpo pola cintura, baixando coas mans ao chan sen doblar os xeonllos, 5 repeticións. - Rotacións de brazos á vez cara adiante, á vez cara atrás e logo un adiante e outro atrás e viceversa. - Por último o pescozo, con movementos moi lentos e moi amplos. - Podedes realizar agora estiramentos musculares de pernas e tronco.  Vale xa de quentar!!!!!  Imos agora cun pouco de zumba para activar o noso corpo e darlle algo de alegría á mañá. Despacito    Shake it off Vale....!!!   Bebemos un pouco de auga despois de tanto movemento, e intentamos baixar as pulsacións. Para volver á calma e q

Exercicios para facer na casa

Imaxe
Axuda nas tarefas do fogar Como podes conseguir isto? Que os nenos e nenas axuden nas tarefas da casa é cousa de toda a familia,   e é unha das mellores cousas que podemos facer. E se ademais nos obriga a facer un pouco de exercicio e non quedarse estancados no sofá, isto pasa a ser unha gran idea. Pasar a aspiradora, limpar os mobles ou facer a cama son accións cotiás que nos poden axudar a movernos un pouco e a ter a casa máis ordenada. Despois disto podemos facer un pequeno quecemento de articulacións e músculos en xeral, para guiarvos un pouco podedes botar unha ollada ao seguinte vídeo, ou seguir os exercicios que nos mostran. Picade no seguinte enlace.  https://youtu.be/69Za5UWtIC0   Para facer xa exercicio con xeito ides realizar uns exercicios con música, ZUMBA!!!!!!!! Picade no seguinte enlace e a bailar!!!!!!! https://youtu.be/EMcVc8oMvGA Agardo que vos guste.