Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 17, 2020

Traballo de equilibrio e coordinación

Imaxe
Bo día, hoxe propóñovos un traballo de equilibrio e coordinación. Primeiro debemos construir unha escaleira no chan con cinta de carroceiro ou cinta aislante. No vídeo xa vos indica a forma que ten que ter. Tamén pode ser que vos valgan as baldosas do chan da casa. Agardo que vos guste e o pasedes moi ben.

Traballo de resistencia e coordinación

Imaxe
Bo día, hoxe imos facer un pouco de traballo de resistencia e coordinación. Déixovos un vídeo para seguir os exercicios que nos marcan estes dous amigos, que nos van ir explicando en inglés a secuencia, e así tamén ides practicando algo. Un saúdo.

Celebración Letras Galegas 2020

Imaxe
Bo día, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, e como este ano non podemos realizar o festival que todos os anos se organiza no colexio para conmemorar este día, fixemos este vídeo cos traballos que enviastes esta semana. Noraboa a todas e todos!!!