Circuito das Cualidades Físicas Básicas para a cuarentena

Hoxe traballaremos as cualidades físicas básicas (resistencia, forza, velocidade e flexibilidade). Para iso faremos as estacións dun circuito caseiro (hai que ter coidado de non ter nada que poidamos estropear ou romper ao noso arredor). Pode ser que algunha das estacións non as podades facer, por falta de material ou por falta de espazo, así que facede soamente aquelas que poidades.
Se facedes click sobre a pelota azul do medio sairanvos as instrucións e o tempo que tedes que estar en cada estación, logo se picades sobre o número da estación saevos o que facedes nela e algunha ademais ten un enlace con vídeo explicativo. Se facedes click sobre as dúas frechas de abaixo á dereita veredes o circuito en pantalla completa. A SUAR!!!!!!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pasos de baile tradicional para 1º e 2º

Celebración Letras Galegas 2020

Ximnasia e cardio