Comezo da segunda semana

Bo día, xa que temos que seguir na casa, imos facer algo de fondo físico.
Para empezar realizaremos o mesmo quecemento que o pasado mércores, mirade na entrada anterior.
- Despois imos facer que corremos sen movernos do sitio, durante dous minutos.
- Agora realizaremos 10 sentadiñas, é dicir, coas pernas abertas coma o ancho dos ombros, facemos que nos sentamos sen levantar os talóns dos pés.

- Logo faremos levantamentos de xeonllos de maneira alterna como se corrésemos, durante 10 segundos e logo outros 10 segundos levando os talóns aos glúteos, tamén de maneira alterna.

- Descansamos 1 minuto e bebemos un pouco de auga.
- Agora abrimos e pechamos pernas e brazos durante 15 segundos.


 - Desplazámonos a "catro patas" durante 20 segundos cara adiante e mirando para abaixo, e logo 20 segundos cara atrás e mirando cara arriba.
- Agora deitados de lado facemos 10 aperturas de pernas cara arriba, coa perna dereita e logo coa esquerda.
- Por último, en posición a cuatro patas apoiados nos xeonllos e máis nas palmas das mans, facemos elevacións das pernas cara arriba, 10 repeticións con cada unha.
Para a volta á calma sentarémonos en posición de loto cos ollos pechados e totalmente relaxados, pensando en algo agradable, durante a lo menos 3 minutos.


Un saúdo.
      

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pasos de baile tradicional para 1º e 2º

Celebración Letras Galegas 2020

Ximnasia e cardio