Esta semana será para bailar. Cada día colgarei unha sesión con dúas coreografías de Just Dance, apréndeas e serás o reí ou a raíña das pistas de baile.
Ánimo e a bailar!!!!!!!
Luns 20 de abril
Mañá dúas máis!!!!!!!!
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Comentarios
Publicacións populares deste blog
Bo día, esta semana malabares!!!!!!!! Imos facer malabares coma no circo, para iso tedes que ver o vídeo do compañeiro Juan, do CEIP Río Ebro. Alumnado de 1º e 2º Con unha pelota (se usades máis é que sodes moi PROS). Alumnado de 3º e 4º con dúas pelotas Alumnado de 5º e 6º Facer un exercicio do nivel 3 pelotas Ánimo! Imos continuar cos malabares e rétovos a ver cantos destes trucos sodes capaces de facer? Para rematar, xa que estamos utilizando pelotas, podemos coller algunha un pouco máis dura que a que estabamos utilizando e dar unha masaxe a alguén da nosa familia e que despois el ou ela nolo dea a nós. Remate impresionante!!!!!! Pasádeo o mellor posible vendo a este profesional.
Bo día, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, e como este ano non podemos realizar o festival que todos os anos se organiza no colexio para conmemorar este día, fixemos este vídeo cos traballos que enviastes esta semana. Noraboa a todas e todos!!!
Hoxe como empeza a fin de semana temos outra versión, moito máis divertida, do tradicional xogo da Oca. Hai a posibilidade de xogar ata 5 xogadores (a ver se convencedes á familia...). O primeiro é escoller cada xogador a súa ficha, que són as pelotas que hai á vosa esquerda (tamén podedes xogar sós) e logo picar no dado, dependendo do número que vos saia, arrastrades a vosa ficha tantas casiñas como o número que vos saíu, e facedes o que vos pide nela. Logo tocaralle ao seguinte, e así continuamente ata que alguén chegue ata a última casiña e gañe o xogo. Se picades nas dúas frechas que hai abaixo á dereita, veredes o xogo a pantalla completa. A XOGAR TODA A FAMILIA!!!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario