Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 22, 2020

Exercicio Colaborativo

Imaxe
Que corredora vai en sentido contrario ás demais? Despois mira o vídeo para saber máis desta corredora. O plan de Maitane.  Cando termines o vídeo gustaríame que responderas a algunha pregunta.  É necesario esforzarse para conseguir os nosos obxectivos? Ser constante e non rendirse ten recompensa? P ara ser como Maitane, imos realizar accións motrices de cooperación para exercitar o noso corpo. É dicir, hai que axudarse entre 2 persoas. Animade á familia.   Ánimo. Imos agora coa volta á calma   Pasádeo ben!!!
Imaxe
Bo día, hoxe imos xogar á Oca, para iso necesitaremos un dado e tantas fichas como xogadores teñamos. Tamén poden xogar papá ou mamá... Agora vos ensino o taboleiro e o que hai que facer en cada unha das casiñas. Tiraremos o dado por turnos e faremos o que nos indica a imaxe, así ata chegar ao final, evidentemente o primeiro en chegar GAÑA!!!!!!! Tamén podedes ir realizando todas as probas dende a primeira ata a última casiña.   Agardo que vos guste e que o fagades máis dunha vez!!!!!!

Comezo da segunda semana

Imaxe
Bo día, xa que temos que seguir na casa, imos facer algo de fondo físico. Para empezar realizaremos o mesmo quecemento que o pasado mércores, mirade na entrada anterior. - Despois imos facer que corremos sen movernos do sitio, durante dous minutos. - Agora realizaremos 10 sentadiñas, é dicir, coas pernas abertas coma o ancho dos ombros, facemos que nos sentamos sen levantar os talóns dos pés. - Logo faremos levantamentos de xeonllos de maneira alterna como se corrésemos, durante 10 segundos e logo outros 10 segundos levando os talóns aos glúteos, tamén de maneira alterna. - Descansamos 1 minuto e bebemos un pouco de auga. - Agora abrimos e pechamos pernas e brazos durante 15 segundos.  - Desplazámonos a "catro patas" durante 20 segundos cara adiante e mirando para abaixo, e logo 20 segundos cara atrás e mirando cara arriba. - Agora deitados de lado facemos 10 aperturas de pernas cara arriba, coa perna dereita e logo coa esquerda. - Por último,