Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 12, 2020

A xogo da Oca da Educación Física

Hoxe como empeza a fin de semana temos outra versión, moito máis divertida, do tradicional xogo da Oca. Hai a posibilidade de xogar ata 5 xogadores (a ver se convencedes á familia...). O primeiro é escoller cada xogador a súa ficha, que són as pelotas que hai á vosa esquerda (tamén podedes xogar sós) e logo picar no dado, dependendo do número que vos saia, arrastrades a vosa ficha tantas casiñas como o número que vos saíu, e facedes o que vos pide nela. Logo tocaralle ao seguinte, e así continuamente ata que alguén chegue ata a última casiña e gañe o xogo. Se picades nas dúas frechas que hai abaixo á dereita, veredes o xogo a pantalla completa.  A XOGAR TODA A FAMILIA!!!!!!! 

Circuito das Cualidades Físicas Básicas para a cuarentena

Hoxe traballaremos as cualidades físicas básicas (resistencia, forza, velocidade e flexibilidade). Para iso faremos as estacións dun circuito caseiro (hai que ter coidado de non ter nada que poidamos estropear ou romper ao noso arredor). Pode ser que algunha das estacións non as podades facer, por falta de material ou por falta de espazo, así que facede soamente aquelas que poidades. Se facedes click sobre a pelota azul do medio sairanvos as instrucións e o tempo que tedes que estar en cada estación, logo se picades sobre o número da estación saevos o que facedes nela e algunha ademais ten un enlace con vídeo explicativo. Se facedes click sobre as dúas frechas de abaixo á dereita veredes o circuito en pantalla completa. A SUAR!!!!!!!

Fitness

Imaxe
Día de posta en forma Boa volta  de vacacións, para empezar ben imos facer un pouquiño de fitness, ou o que é o mesmo, unha serie de exercicios ximnásticos para mellorar a nosa forma física. Primeiro un vídeo para quentar de 9 minutos, e logo podedes escoller entre 20 minutos de exercicios ximnásticos ou 20 minutos de zumba (se vos atopades con forza podedes facer os dous). Ademáis podedes practicar o voso inglés!!!! Agardo que vos divirta e que vos axude a pasar un bo día!!!! Unha aperta a todas e todos!!!