Publicacións

Xogos tradicionais (a mariola)

Imaxe
Bo día, hoxe invítovos a lembrar un xogo ao que xa temos xogado no colexio, e ao que as vosas familias tamén terán xogado moitas veces, a mariola. Como veredes na imaxe que vos deixo, a forma da mariola pode ser variable, e non sempre se ten que empezar polo número 1, podedes comezar tirándolle ao número máis alto, por exemplo.  A actividade é sinxela, debuxade no chan, nun lugar onde non molestedes e onde vos deixen as vosas familias, unha das mariolas que tedes na imaxe, ou mellor ainda, creade a vosa propia mariola e podedes enviarma, se vos parece ben, ao meu correo michineslugo@gmail.com , non é obrigatorio. Unha aperta e a xogar!!!!!!

Ximnasia e cardio

Imaxe
Bo día, hoxe imos facer un pouquiño de ximnasia e algo de resistencia (traballo de fortalecemento do corazón). Ademáis tamén repasaremos, como outros días, o noso inglés. Agardo que vos guste.

Traballo de equilibrio e coordinación

Imaxe
Bo día, hoxe propóñovos un traballo de equilibrio e coordinación. Primeiro debemos construir unha escaleira no chan con cinta de carroceiro ou cinta aislante. No vídeo xa vos indica a forma que ten que ter. Tamén pode ser que vos valgan as baldosas do chan da casa. Agardo que vos guste e o pasedes moi ben.

Traballo de resistencia e coordinación

Imaxe
Bo día, hoxe imos facer un pouco de traballo de resistencia e coordinación. Déixovos un vídeo para seguir os exercicios que nos marcan estes dous amigos, que nos van ir explicando en inglés a secuencia, e así tamén ides practicando algo. Un saúdo.

Celebración Letras Galegas 2020

Imaxe
Bo día, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, e como este ano non podemos realizar o festival que todos os anos se organiza no colexio para conmemorar este día, fixemos este vídeo cos traballos que enviastes esta semana. Noraboa a todas e todos!!!

Pasos de baile tradicional para 5º e 6º

Imaxe
Boas chicas e chicos, con motivo da celebración do día das letras galegas, imos preparar uns pasiños de xota e muiñeira, dos que me teredes que enviar vídeo a michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas, pode ser de todos os pasos no mesmo vídeo ou cada paso nun vídeo, pero de corpo enteiro, que teño que ver que sodes vós os que bailades!!!!!!!!! É obrigatorio tanto facelos como envialos , xa que será a maneira de poder subir a nota que sacastes na 2ª avaliación. Antes de facer o envío, deberedes practicar para que vos saia o mellor posible. Con todos os arquivos que me mandedes  farei un vídeo conxunto para poder publicar nas redes e que todos vos vexades.   Aínda que non sae no vídeo, lembrádevos de levantar os brazos ao bailar!!!! O último día para enviar é o venres día 15 de maio . Lembrade, tedes que practicar é cando vos saia ben, gravades e enviádesmos ao correo michineslugo@gmail.com poñendo no asunt...

Pasos de baile tradicional para 1º e 2º

Imaxe
Boas chicas e chicos, con motivo da celebración do día das letras galegas, imos preparar uns pasiños de xota e muiñeira, dos que me teredes que enviar vídeo a michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas, pode ser de todos os pasos no mesmo vídeo ou cada paso nun vídeo, pero de corpo enteiro, que teño que ver que sodes vós os que bailades!!!!!!!!! É obrigatorio tanto facelos como envialos , xa que será a maneira de poder subir a nota que sacastes na 2ª avaliación. Antes de facer o envío, deberedes practicar para que vos saia o mellor posible. Con todos os arquivos que me mandedes  farei un vídeo conxunto para poder publicar nas redes e que todos vos vexades. Aínda que non sae no vídeo, lembrádevos de levantar os brazos ao bailar!!!! O último día para enviar é o venres día 15 de maio . Lembrade, tedes que practicar é cando vos saia ben, gravades e enviádesmos ao correo michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas. Moito ánim...

Pasos de baile tradicional para 3º e 4º

Imaxe
Boas chicas e chicos, con motivo da celebración do día das letras galegas, imos preparar uns pasiños de xota e muiñeira, dos que me teredes que enviar vídeo a michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas, pode ser de todos os pasos no mesmo vídeo ou cada paso nun vídeo, pero de corpo enteiro, que teño que ver que sodes vós os que bailades!!!!!!!!!   É obrigatorio tanto facelos como envialos , xa que será a maneira de poder subir a nota que sacastes na 2ª avaliación. Antes de facer o envío, deberedes practicar para que vos saia o mellor posible. Con todos os arquivos que me mandedes  farei un vídeo conxunto para poder publicar nas redes e que todos vos vexades.   Aínda que non sae no vídeo, lembrádevos de levantar os brazos ao bailar!!!! O último día para enviar é o venres día 15 de maio . Lembrade, tedes que practicar é cando vos saia ben, gravades e enviádesmos ao correo michineslugo@gmail.com poñendo no...

Ximnasia 2

Imaxe
Bo día, Hoxe imos facer traballo de pernas e abdominais. Faremos o número de repeticións que ven escrito debaixo de cada debuxo. Faremos series de 10 repeticións en cada exercicio, e os estiramentos de 10 a 20 segundos. Unha aperta grande.

Strong Zumba

Imaxe
Bos días, hoxe faremos media hora de zumba a diferentes ritmos, cada quen seguirá a un ou unha das profes que están en pantalla. Se nos cansamos podemos parar o vídeo e beber un pouquiño de auga e logo continuar. Pasádeo ben!!!!

Taboa de exercicios

Imaxe
Bo día, hoje faremos unha táboa de exercicios variados, traballando brazos, pernas e torso. Son 12 exercicios diferentes nos que faremos 15 repeticións en cada exercicio e descansaremos 2 minutos antes de pasar ao seguinte. Se tedes que facer os descansos máis longos non pasa nada. Agardo que vos guste, unha aperta!!!

O rei ou a raíña das pistas V

Imaxe
Venres 24 de abril Último día da semana dedicada ao baile, e polo tanto últimas coreografías. Pasade boa fin de semana!!!!

O rei ou a raíña das pistas IV

Imaxe
Xoves 23 de abril De novo, e como xa vos dicen o luns, dúas coreografías máis para aprender.

O rei ou a raíña das pistas III

Imaxe
Mércores 22 de abril Continuamos co baile, dúas novas coreografías. Hala, a bailar!

O rei ou a raíña da pista II

Imaxe
Martes 21 de abril Hoxe temos outras dúas coreografías de Just Dance. Xa sabes, practica e apréndeas!!!     A bailar!!!!!

O rei ou raíña da pista

Imaxe
Esta semana será para bailar. Cada día colgarei unha sesión con dúas coreografías de Just Dance, apréndeas e serás o reí ou a raíña das pistas de baile. Ánimo e a bailar!!!!!!! Luns 20 de abril Mañá dúas máis!!!!!!!!

A xogo da Oca da Educación Física

Hoxe como empeza a fin de semana temos outra versión, moito máis divertida, do tradicional xogo da Oca. Hai a posibilidade de xogar ata 5 xogadores (a ver se convencedes á familia...). O primeiro é escoller cada xogador a súa ficha, que són as pelotas que hai á vosa esquerda (tamén podedes xogar sós) e logo picar no dado, dependendo do número que vos saia, arrastrades a vosa ficha tantas casiñas como o número que vos saíu, e facedes o que vos pide nela. Logo tocaralle ao seguinte, e así continuamente ata que alguén chegue ata a última casiña e gañe o xogo. Se picades nas dúas frechas que hai abaixo á dereita, veredes o xogo a pantalla completa.  A XOGAR TODA A FAMILIA!!!!!!! 

Circuito das Cualidades Físicas Básicas para a cuarentena

Hoxe traballaremos as cualidades físicas básicas (resistencia, forza, velocidade e flexibilidade). Para iso faremos as estacións dun circuito caseiro (hai que ter coidado de non ter nada que poidamos estropear ou romper ao noso arredor). Pode ser que algunha das estacións non as podades facer, por falta de material ou por falta de espazo, así que facede soamente aquelas que poidades. Se facedes click sobre a pelota azul do medio sairanvos as instrucións e o tempo que tedes que estar en cada estación, logo se picades sobre o número da estación saevos o que facedes nela e algunha ademais ten un enlace con vídeo explicativo. Se facedes click sobre as dúas frechas de abaixo á dereita veredes o circuito en pantalla completa. A SUAR!!!!!!!

Fitness

Imaxe
Día de posta en forma Boa volta  de vacacións, para empezar ben imos facer un pouquiño de fitness, ou o que é o mesmo, unha serie de exercicios ximnásticos para mellorar a nosa forma física. Primeiro un vídeo para quentar de 9 minutos, e logo podedes escoller entre 20 minutos de exercicios ximnásticos ou 20 minutos de zumba (se vos atopades con forza podedes facer os dous). Ademáis podedes practicar o voso inglés!!!! Agardo que vos divirta e que vos axude a pasar un bo día!!!! Unha aperta a todas e todos!!!

Ximnasia

Imaxe
Hoxe faremos unha taboa de exercicios de unha hora   Non vos cansedes de máis, como ninguén vos vixía, podedes parar o vídeo e continuar máis tarde, facendo máis longos os descansos que xa fai ela, ou facelo en varias tandadas porque é moi longo. Un saúdo!!!!!