Pasos de baile tradicional para 5º e 6º

Boas chicas e chicos, con motivo da celebración do día das letras galegas, imos preparar uns pasiños de xota e muiñeira, dos que me teredes que enviar vídeo a michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas, pode ser de todos os pasos no mesmo vídeo ou cada paso nun vídeo, pero de corpo enteiro, que teño que ver que sodes vós os que bailades!!!!!!!!!
É obrigatorio tanto facelos como envialos, xa que será a maneira de poder subir a nota que sacastes na 2ª avaliación. Antes de facer o envío, deberedes practicar para que vos saia o mellor posible. Con todos os arquivos que me mandedes  farei un vídeo conxunto para poder publicar nas redes e que todos vos vexades. 

Aínda que non sae no vídeo, lembrádevos de levantar os brazos ao bailar!!!!

O último día para enviar é o venres día 15 de maio.









Lembrade, tedes que practicar é cando vos saia ben, gravades e enviádesmos ao correo michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas.
Moito ánimo e a bailar!!!!!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Celebración Letras Galegas 2020

Comezo da segunda semana