Publicacións

Xogos tradicionais (a mariola)

Imaxe
Bo día, hoxe invítovos a lembrar un xogo ao que xa temos xogado no colexio, e ao que as vosas familias tamén terán xogado moitas veces, a mariola. Como veredes na imaxe que vos deixo, a forma da mariola pode ser variable, e non sempre se ten que empezar polo número 1, podedes comezar tirándolle ao número máis alto, por exemplo.  A actividade é sinxela, debuxade no chan, nun lugar onde non molestedes e onde vos deixen as vosas familias, unha das mariolas que tedes na imaxe, ou mellor ainda, creade a vosa propia mariola e podedes enviarma, se vos parece ben, ao meu correo michineslugo@gmail.com , non é obrigatorio. Unha aperta e a xogar!!!!!!

Ximnasia e cardio

Imaxe
Bo día, hoxe imos facer un pouquiño de ximnasia e algo de resistencia (traballo de fortalecemento do corazón). Ademáis tamén repasaremos, como outros días, o noso inglés. Agardo que vos guste.

Traballo de equilibrio e coordinación

Imaxe
Bo día, hoxe propóñovos un traballo de equilibrio e coordinación. Primeiro debemos construir unha escaleira no chan con cinta de carroceiro ou cinta aislante. No vídeo xa vos indica a forma que ten que ter. Tamén pode ser que vos valgan as baldosas do chan da casa. Agardo que vos guste e o pasedes moi ben.

Traballo de resistencia e coordinación

Imaxe
Bo día, hoxe imos facer un pouco de traballo de resistencia e coordinación. Déixovos un vídeo para seguir os exercicios que nos marcan estes dous amigos, que nos van ir explicando en inglés a secuencia, e así tamén ides practicando algo. Un saúdo.

Celebración Letras Galegas 2020

Imaxe
Bo día, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, e como este ano non podemos realizar o festival que todos os anos se organiza no colexio para conmemorar este día, fixemos este vídeo cos traballos que enviastes esta semana. Noraboa a todas e todos!!!

Pasos de baile tradicional para 5º e 6º

Imaxe
Boas chicas e chicos, con motivo da celebración do día das letras galegas, imos preparar uns pasiños de xota e muiñeira, dos que me teredes que enviar vídeo a michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas, pode ser de todos os pasos no mesmo vídeo ou cada paso nun vídeo, pero de corpo enteiro, que teño que ver que sodes vós os que bailades!!!!!!!!! É obrigatorio tanto facelos como envialos , xa que será a maneira de poder subir a nota que sacastes na 2ª avaliación. Antes de facer o envío, deberedes practicar para que vos saia o mellor posible. Con todos os arquivos que me mandedes  farei un vídeo conxunto para poder publicar nas redes e que todos vos vexades.   Aínda que non sae no vídeo, lembrádevos de levantar os brazos ao bailar!!!! O último día para enviar é o venres día 15 de maio . Lembrade, tedes que practicar é cando vos saia ben, gravades e enviádesmos ao correo michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras

Pasos de baile tradicional para 1º e 2º

Imaxe
Boas chicas e chicos, con motivo da celebración do día das letras galegas, imos preparar uns pasiños de xota e muiñeira, dos que me teredes que enviar vídeo a michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas, pode ser de todos os pasos no mesmo vídeo ou cada paso nun vídeo, pero de corpo enteiro, que teño que ver que sodes vós os que bailades!!!!!!!!! É obrigatorio tanto facelos como envialos , xa que será a maneira de poder subir a nota que sacastes na 2ª avaliación. Antes de facer o envío, deberedes practicar para que vos saia o mellor posible. Con todos os arquivos que me mandedes  farei un vídeo conxunto para poder publicar nas redes e que todos vos vexades. Aínda que non sae no vídeo, lembrádevos de levantar os brazos ao bailar!!!! O último día para enviar é o venres día 15 de maio . Lembrade, tedes que practicar é cando vos saia ben, gravades e enviádesmos ao correo michineslugo@gmail.com poñendo no asunto Letras Galegas. Moito ánimo e