Bo día, para hoxe mércores imos comezar cun quecemento muscular e mobilidade articular.
Faremos o mesmo quecemento que realizamos cando imos ao polideportivo:
- Rotacións de nocellos cara a ambos lados.
- Rotacións de xeonllos cara dentro e cara fóra.
- Logo a cadeira (lembrade non doblar os xeonllos ao facer as rotacións de cadeira).
- Agora doblamos o corpo pola cintura, baixando coas mans ao chan sen doblar os xeonllos, 5 repeticións.
- Rotacións de brazos á vez cara adiante, á vez cara atrás e logo un adiante e outro atrás e viceversa.
- Por último o pescozo, con movementos moi lentos e moi amplos.
- Podedes realizar agora estiramentos musculares de pernas e tronco.
Vale xa de quentar!!!!!
Imos agora cun pouco de zumba para activar o noso corpo e darlle algo de alegría á mañá.
Despacito
Shake it off
Vale....!!!
Bebemos un pouco de auga despois de tanto movemento, e intentamos baixar as pulsacións.
Para volver á calma e que non nos boten da casa, imos rematar cun pouquiño de ioga
Agardo que o desfrutedes!!!!
Comentarios
Publicar un comentario